Uxía Folgueira, homenaxeada no Concello de Lugo polas medallas conseguidas en Exipto

LugoXa
A alcaldesa, Elena Candia, destacou o talento da karateca lucense e reiterou o compromiso do Concello co deporte base
Recepción-Uxía-Folgueira-Concello-de-Lugo
21 Jul 2026

A karateca lucense Uxía Folgueira foi recibida no Salón de Plenos do Concello de Lugo pola alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, nun acto de recoñecemento polos seus recentes éxitos deportivos na competición internacional disputada en Exipto, onde logrou unha medalla de ouro e outra de bronce formando parte da selección española.

Durante o encontro, a rexedora felicitou á deportista polos resultados acadados e trasladoulle o orgullo que supoñen estes éxitos para a cidade. Ademais, interesouse pola súa experiencia no campionato e polos seus próximos obxectivos deportivos, ao tempo que lle reiterou o apoio do Concello ao deporte base e ao talento lucense.

Candia animou a Folgueira a manter un contacto directo coa administración local e asegurou que o Concello quere acompañala na súa traxectoria deportiva. "Cada vez que teñas un triunfo deportivo, cada vez que deas un paso na túa carreira, queremos que sintas que o Concello de Lugo está aquí, apoiándote de distintos xeitos. Queremos ter a oportunidade de acompañarte nese camiño", afirmou.

Pola súa banda, Uxía Folgueira definiu a competición como "un campionato moi bonito ao que lle tiña moitas ganas" e mostrou a súa satisfacción polos resultados conseguidos. Na súa primeira participación na categoría cadete conseguiu superar á actual campioa de Europa, compañeira tamén da selección española, un triunfo que lle fai sentirse "moi orgullosa do traballo realizado".

0.12076902389526