Vanse executar traballos de limpeza no treito do río de Xanceda, Ourol
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Vanse executar traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no Concello de Ourol.
23 Xuño 2020
Vanse executar traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no Concello de Ourol.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de 90 metros de lonxitude, que coincide co percorrido polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz (Santa María).
As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.
A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.