Veciños da Mariña manifestáronse por Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Veciños da Mariña manifestáronse hoxe en Ribadeo para reclamar "a intervención" da empresa cervense Alcoa e evitar así o despedimento, anunciado o xoves polo presidente, de máis de 534 traballadores directos.
xxxiv festa emigrante
31 Maio 2020

Veciños da Mariña manifestáronse hoxe en Ribadeo para reclamar "a intervención" da empresa cervense Alcoa e evitar así o despedimento, anunciado o xoves polo presidente, de máis de 534 traballadores directos.

O presidente do comité de empresa asegurou que foron unhas 8.000 persoas as que secundaron esta protesta n a Ponte dos Santos, unión da A8 entre Galicia e Asturias.

Esta foi a primeira gran mobilización das que que están a preparar antes de que se reunan o mércores co Ministerio de Industria, e nela queimaron neumáticos nunha gran barricada.

Na mobilización os traballadores manifestaronse ao ritmo de diferentes canticos, pero o máis repetido foi "Pedrito, échale huevos".

Pola súa banda o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, referiuse á situación de Alcoa na súa comparencencia en Moncloa, "o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo está a falar coa empresa. É un tema recorrente nestes dous anos que levo á fronte do Goberno e, en consecuencia, o que estamos a tentar é garantir os empregos e a perdurabilidad desta importante industria no noso país", dixo o presidente do Goberno.

Deputación de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, manifestou o total apoio ás reivindicacións da Mancomunidade de Municipios da Mariña para manter os empregos da planta de Alcoa en San Cibrao recollidas nunha declaración institucional.

O contido do documento asinado polos alcaldes e alcaldesas e demais representantes da entidade mariñana está en plena consonancia coa postura manifestada polo propio Presidente dende o propio día no que a dirección da factoría anunciou o despido colectivo de 534 traballadores.

Así mesmo, o presidente ve positivo que o Ministerio de Industria obrigue á empresa a devolver axudas públicas se aplica os despidos, unha medida que o propio José Tomé pediu que se estudiase. “Se dan ese paso, polo menos que non lles saia  gratis”, asegurou.

A Deputación rexeita as pretensións de Alcoa e reitera que estará, coma sempre, cos traballadores e coas traballadoras, e cos concellos da comarca da Mariña para reivindicar o futuro dos veciños e das veciñas da Mariña e do conxunto da provincia de Lugo”.

O presidente esixiu á Xunta que tome “dunha vez medidas e exerza as competencias que ten atribuídas de maneira exclusiva en materia de industria polo Estatuto de Autonomía”. “Acabáronse as fotos baleiras de contido. É hora de poñer enriba da mesa os intereses de Galicia, que son os mesmos que os da provincia de Lugo, os dos traballadores e os dos concellos”.

“O presidente de Xunta, o señor Feijóo”, recalcou José Tomé, “debe tomar exemplo do Goberno vasco e apoiar con fondos do IGAPE, por exemplo,as empresas estratéxicas do noso país”.

Polo que respecta ao Goberno de España, o Presidente reafirmou a necesidade dun  regulamento electrointensivo que permita ás empresas que operen en España ter unhas condicións semellantes ao resto de Europa.

Así mesmo, plantexou ao Goberno de España que “estudie a posibilidade de entrar no accionariado deste tipo de empresas, como o están facendo outros países europeos como Francia ou Alemaña, que están reforzando un sector público de empresas estratéxicas”.

 

Mastín Leonés vixiando o rabaño   Beealia
0.24144101142883