Veciños de Becerreá realizan unha andaina por un treito da Vía Küning

Veciñas e veciños de Becerreá e da contorna participaron nun paseo guiado entre a praza do concello e a Ponte de Cruzul percorrendo un treito da Vía Künig.
Os participantes puideron coñecer como se formou o actual concello ao redor do ano 1840, a partir doutras entidades municipais como Cancelada de Abaixo, Penamaior, Ouselle ou Doncos, momento no que Becerreá pasou a ser cabeceira de partido xudicial en detrimento das Nogais.
Outros argumentos que se abordaron durante o itinerario foron a singularidade paisaxística e natural do territorio que forma parte da reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Esta actividade estaba enmarcada dentro da programación trimestral do Centro Social municipal.