Veciños de Casás reclaman ao concello de Lugo que mellore a iluminación do barrio

LugoXa
A asociación de veciños de Casás reclaman ao Concello de Lugo que mellore a iluminación en varias rúas do barrio
Mestre Méndez
Mestre Méndez
11 Xul 2022

A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti, xunto a Asociación Veciñal Oliveira Casás, veñen de dirixirse ao Concello de Lugo para solicitarlle a remodelación "urxente" do alumeado público dunha parte do barrio lucense de Casás.

Os colectivos diríxense aos delegados de vías e obras e de mobilidade, do Concello, chamando a atención sobre catro rúas, de xeito especial, Mestre Méndez, Filgueiro, Flor de Lis e Oliveira. Asemade, fanse eco e trasladan ao Executivo local, a "necesidade evidente" de que sea acometida "con carácter prioritario" a remodelación do alumeado público dunha parte do barrio.

Neste senso, os dous colectivos solicitan aos titulares das concellerías a dotación do maior número de puntos de luz ao longo de todo o barrio lucense de Casás. Piden tamén a adecuación da disposición das mencionadas lulminarias ás necesidades de cada zona, " a efecto de evitar calquera incidente ocasionado pola falta de iluminación" así como a substitución das luminarias actuais por outras, máis modernas, de maior potencia lumíninca e menor custe económico, "ademais de máis respectuosas co Medio Amebiente, ao ser menos contaminantes".

Asemade, dende a asociación veciñal Oliveira Casás reivindican o dereito dos veciños deste barrio, "ao igual que o de todos e cada un dos demáis barrios e parroquias ao longo da provincia lucenses".

Agardan, dende ambas entidades, "resposta e actuación", en consecuencia ao solicitado.

0.20041298866272