Veciños de Rábade viaxarán gratis a Santiago de novo para ver unha obra de teatro

LugoXa | TerraChaXa
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ao teatro, que terá un custo de 5 euros
HAMLET
22 Mar 2026

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o xoves 9 de abril ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Hamlet, de William Shakespeare,

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Rábade ás 15.30 horas, diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase unha vez finalizada.

As inscricións, que poden facerse na Área de Cultura e Deporte do Concello. As prazas son limitadas e o último día para anotarse o 27 de marzo.

0.12930989265442