Veciños de Vilalba concentráronse en apoio á hostalaría

TerraChaXa | LugoXa
Un numeroso grupo de vilalbeses manifestouse esta mañá na praza da Constitución para apoiar ao sector da hostalería, pechado dende hai uns días como consecuencias das restricións impostas por Sanidade debido ao crecemento dos contaxios de coronavirus no municipio.
27 Nov 2020

A concentración foi convocada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes e a maioría do comercio local pechou as súas portas en solidariedade con este sector entre as 11 e as 12:00 horas.

Na concentración exhibíronse carteis reivindicativos e queixándose da difícil situación pola que está a atravesar este sector.

0.087876081466675