ViaGalicia busca talento emprendedor no Campus Terra

LugoXa
O vindeiro martes 24 de xaneiro a aceleradora de proxectos innovadores invertible ViaGalicia presenta ás 11.
21 Xan 2023

O vindeiro martes 24 de xaneiro a aceleradora de proxectos innovadores invertible ViaGalicia presenta ás 11.00 no edificio Cactus a séptima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.

A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, presentará as novidades desta nova edición de ViaGalicia, unha aceleradora pública que procura proxectos rendibles que favorezan a creación de novas empresas que diversifiquen o tecido empresarial en Galicia, ademais de modernizar e dinamizar sectores estratéxicos capaces de crear emprego, atraer e reter talento.

A nova edición de ViaGalicia, un programa de alto rendimiento que mestura, baixo a supervisión dun equipo de expertos, formación, titorización, asesoramiento especializado, mentoring, espazo de traballo e liñas de financiamento, contará con sede propia na sede universitaria luguesa, onde xa agromaron iniciativas emprendedoras de éxito apoiadas por Vía Galicia tales como Innogando, 3edata ou Legalmit.

O Ceo de Innogando, Elio López, será outro dos relatores que participen o martes na presentación desta nova convocatoria de ViaGalicia, unha incubadora de emprendemento aberta a todo tipo de iniciativas de carácter innovador, xa sexan produtos ou servizos, procesos ou calquera outro modelo de negocio. A sesión de presentación desta nova edición de ViaGalicia rematará cun café-networking.

As persoas interesadas en participar nesta sesión poden confirmar a súa asistencia a través do enderezo de correo electrónico viagalicia@zonafrancavigo.com.

0.21755599975586