Víctor Pastrana, primeira fichaxe do Club Deportivo Lugo para a temporada 2025/26

LugoXa
O futbolista asina por unha tempada, con opción a unha máis segundo os obxectivos alcanzados co equipo albivermello
Victor-Pastrana-xogador-CD-Lugo
26 Jun 2025

O Club Deportivo Lugo e Víctor Pastrana chegaron a un acordo para a incorporación do xogador de cara á tempada 2025/26, converténdose así no primeiro fichaxe do conxunto albivermello.

Pastrana, natural de Guadalajara e nacido en 1996, é un extremo habilidoso que destaca pola súa velocidade e chegada ao gol. Conta cunha ampla experiencia na categoría, acumulando máis de 200 partidos oficiais entre a Primeira Federación e a antiga Segunda División B, ademais de 62 encontros en Segunda División.

Ao longo da súa carreira, Pastrana defendeu as cores de equipos como a AD Alcorcón, SD Ponferradina, RC Celta Fortuna, Extremadura UD, Atlético Baleares ou CD Alcoyano, onde foi unha peza clave na pasada tempada, xogando 34 partidos, anotando 4 goles e repartindo 3 asistencias.

O futbolista asina por unha tempada, con opción a unha máis segundo os obxectivos alcanzados co equipo albivermello.

⚙ Configurar cookies
0.1913948059082