Vilachá de Mera celebrará as festas na honra a San Xosé os días 28 e 29 de marzo

LugoXa
As celebracións contarán con misas solemnes, sesións vermú e verbenas amenizadas por diferentes formacións musicais
vilachademera
13 Mar 2026

A parroquia de Vilachá de Mera, no municipio de Lugo, celebrará os días 28 e 29 de marzo as súas festas na honra a San Xosé, cun programa que combinará actos relixiosos e música en directo durante toda a fin de semana.

A programación comezará o sábado 28 de marzo ás 13.30 horas cunha misa solemne. A continuación celebrarase a tradicional sesión vermú, que estará amenizada polo Dúo Élite.

Xa pola noite terá lugar a verbena, que contará coa actuación do Dúo Élite e da orquestra La Fórmula, nunha xornada pensada para o encontro entre veciños e visitantes.

As celebracións continuarán o domingo 29 de marzo ás 13.30 horas cunha nova misa solemne, seguida da correspondente sesión vermú, que nesta ocasión estará amenizada polo dúo Eclipse.

A organización destaca que o recinto festivo contará cun campo cuberto con carpa, garantindo así o desenvolvemento das actividades independentemente das condicións meteorolóxicas.

0.14781785011292