Vilachá de Mera celebrará o Día de San Xosé o 22 e 23 de marzo

Os veciños de Vilachá de Mera, no termo municipal de Lugo, festexarán o Día de San Xosé os vindeiros 22 e 23 de marzo con diversos actos relixiosos e actuacións musicais.
O sábado 22 de marzo, ás 13.30 horas, oficiarase a misa solemne en honra ao patrón San Xosé, que dará paso a unha animada sesión vermú a cargo do dúo Eclipse.
Pola noite, os asistentes poderán gozar dunha gran verbena na que o dúo Eclipse e a orquesta La Fórmula serán os encargados de poñer música e animación.
O domingo 23, tamén ás 13.30 horas, terá lugar a misa solemne, seguida dunha nova sesión vermú, nesta ocasión co dúo La Hora Bruja, que seguirá animando aos veciños.
Unha celebración que combinará a tradición relixiosa coa música, facendo desta festa unha cita ineludible para todos os veciños e visitantes que queiran disfrutar dun fin de semana cheo de festa e devoción.