Vilalba controla o gromo mentres a provincia segue a recuperarse
Volven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 27 menos que onte e xa son 858. Este dato vén condicionado coma sempre polos 32 novos positivos (onte houbo 31) e polas 58 altas das últimas 24 horas (as mesmas que onte). Non se rexistraron facelementos polo que mantense en 126 as persoas que perderon a vida dende o inicio da pandemia. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.382 e 5.397 curados.
Descende tamén a hospitalización con 2 persoas menos nos centros da provincia. Mantéñense 2 na UCI e 20 no Hospital de Lugo (un menos), 3 no da Mariña e 3 no de Monforte (os mesmos que onte nos dous casos). Tamén foi dado de alta o paciente ingresado no Polusa de Lugo.
Por concellos, Vilalba ten controlada a situación xa que os casos detectados nos últimos 14 días baixan de 192 a 71 tras pasar o tempo no que se detectou o gromo de Vilalba. Sobe lixeiramente en Outeiro de Rei, con 13 (1 máis que onte), e se mantén Cospeito con 11 casos e Castro de Rei con 21 (un menos tamén).
Na veciña As Pontes a situación empeora e foron contabilizados tres casos máis novos polo que os casos detectados nos últimos 15 días son xa 93 (tres máis).
Os concellos de Vilalba e As Pontes continúan en máxima alerta.