Vilar de Donas, en Palas de Rei, acolle a Noite das Donas e dos Cabaleiros

LugoXa
O sábado 15 de xullo a igrexa de Vilar das Donas, en Palas de Rei, acolle a Noite das Donas e dos Cabaleiros
Noite das donas e dos cabaleiros 2023
14 Xul 2023

Coa denominación de Noite das Donas, a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas mediante o Centro de Documentación e Interpretación da Comarca da Ulloa, fará a segunda edición dunha actividade cultural e musical que colabore na posta en valor dun monumento tan singular e de referencia para o Camiño de Santiago como é a Igrexa de San Salvador de Vilar das Donas.

O inicio desta actividade terá lugar a partires das 20.30 horas do vindeiro día sábado 15 xullo, co concerto do grupo Sonâmbulum formado por Lúa Aguete, María Pardo e Manuel Escariz Burkowski e cos relatorios de Fernando García Penas.

programa noite de donas palas 2023
0.13390517234802