Vilarchá de Mera celebra as súas festas a vindeira fin de semana

LugoXa
Vilarchá de Mera celebra as súas festas o vindeiro sábado 18 e domingo 19 de marzo con dúas xornadas cheas de música
festas vilarcha portada
festas vilarcha portada
12 Mar 2023

Vilarchá de Mera celebra as súas festas na honra a San Xosé os vindeiros sábado 18 e domingo 19 de marzo.

O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa solemne para continuar cunha sesión vermú a cargo das orquestras La Favorita e Solara.

A verbena da noite estará amenizada tamén por estas dúas orquestras que serán as encargadas de encher de música o campo da festa.

O domingo 19 a misa solemne terá lugar tamén ás 13.30 e a continuación unha sesión vermú co dúo Estrellas.

Dende a organización recordan que o campo da festa estará cuberto con carpa.

festas vilarcha
0.21053409576416