Villares visita o campus Kingtela, que se desenvolve e Pol co apoio da Xunta

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Ao longo da semana, os participantes desenvolven un completo programa de adestramentos técnicos e tácticos, preparación física, competicións, xogos e outras actividades de lecer
campus-kingtela-pol
3 Jul 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou esta tarde en Pol aos participantes no sexto Campus Kingtela de baloncesto, que organizan e dirixen os xogadores profesionais Érik e Sergi Quintela e que conta novamente co apoio da Administración autonómica.

A actividade -que comezou o 29 de xuño e rematará o próximo sábado 4 de xullo- reúne 165 inscritos, de entre 7 e 18 anos, que participan tanto en réxime externo como interno, con aloxamento no CEIP Rosalía de Castro do municipio.

Durante a visita, Villares puxo en valor esta iniciativa, que combina a formación deportiva coa convivencia e a transmisión de valores. “Este campus é un magnífico exemplo de como o deporte contribúe ao desenvolvemento persoal da mocidade, fomentando hábitos de vida saudables, o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo”, sinalou.

Ao longo da semana, os participantes desenvolven un completo programa de adestramentos técnicos e tácticos, preparación física, competicións, xogos e outras actividades de lecer, guiados por un equipo de adestradores e monitores especializados.

O delegado territorial valorou a implicación dos irmáns Quintela na organización deste campus, “falamos de profesionais de primeiro nivel que apostan por compartir a súa experiencia coa canteira a través desta proposta, que se está a consolidar como unha das grandes citas deportivas do verán na provincia e que contribúe ademais a dinamizar o territorio”.

Referiuse tamén ao compromiso da Xunta co apoio a actividades que fomentan a práctica deportiva entre os máis novos, favorecendo ao mesmo tempo a conciliación das familias especialmente nestes meses de verán e a promoción de valores asociados ao deporte.

0.14101982116699