Vinte clientes gañan tarxetas de 50 euros para gastar no comercio local de Lugo

LugoXa
A campaña "Merca no teu comercio" rexistrou 4.310 tickets entre o 1 e o 15 de outubro e repartiu 1.000 euros en premios
Premios-Federación-de-Comercio-de-Lugo
21 Oct 2026

Vinte persoas recibiron os premios da campaña "Merca no teu comercio", unha iniciativa que se desenvolveu en Lugo entre o 1 e o 15 de outubro para incentivar as compras nos establecementos de proximidade. A campaña rexistrou un total de 4.310 tickets e repartiu 1.000 euros en tarxetas prepago de 50 euros.

Os premios entregáronse esta mañá nun acto no que os gañadores recibiron as tarxetas, que deberán utilizar para realizar novas compras no comercio local, co obxectivo de manter o gasto na economía de proximidade.

A iniciativa está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia e busca dinamizar as vendas e fomentar o consumo nos negocios locais.

Na entrega participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Alfonso Villares, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; representantes do Concello de Lugo; e Julio Casal, director dunha oficina de ABANCA, entre outros asistentes.

0.16042494773865