O Vista alegre vibrou cun emocionante España-Xapón

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Dec 2019

O Vista Alegre e A Mariña vibraron onte no histórico e emocionante duelo entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón.

As máis de 800 almas que animaron desde a bancada laranxa, ao ritmo das gaitas de Dambara, gozaron dun amigable máis igualado no marcador con 4-2 final, tras o envite de antonte en Marín (8-0).

A burelista Ana Romero foi a encargada de defender a rede vermella neste segundo compromiso no que Peque, Luci e Jenny Lores, que anotou o 2-0 no minuto 16, tamén puideron deleitarse ante o público da Bomboneira, con brillo goleador incluído da 7 e da 21 das Guerreiras abrindo o luminoso.

0.14994406700134