Viva o San Froilán, un proxecto que dá visibilidade aos artistas lucenses
Viva o San Froilán é un proxecto que nace co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visibilidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.
Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital, fotográfico e de ilustracións, con valor histórico de ditas festas.
O San Froilán é unha festa de interese turístico galego e festa de interese turístico nacional que se celebra do 4 ao 12 de outubro en Lugo.
ARTISTAS QUE MOSTRAN A SÚA VISIÓN DA FESTA A TRAVÉS DO SEU TRABALLO
Noelia Alpe é comunicadora audiovisual e fotógrafa. Actualmente desenvolve o seu traballo no ámbito da fotografía corporativa, de eventos e deportiva.
Belén Cordero é unha ilustradora e fotógrafa da cidade.
Lorena Grandío encárgase da dirección de arte e o desenvolvemento de imaxe creativa para artesáns, oficios e marcas. Ademais, tamén realiza fotografía de publicidade e produto e- commerce, RRSS, lifestyle, corporativa e eventos.
Marcos Loopez é un fotógrafo profesional de espíritu amateur. Cofundador, director e fotógrafo de Viva Lugo. Fotógrafo de eventos culturais e de rúa.
César López Suárez ademais de fotógrafo é musico en Berta Franklin e Kimuro.
Iván Mouronte é ilustrador, animador e fotógrafo. Realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc. Ademais, tamén realiza diferentes traballos de animación 2D e Stop Motion.