Viveiro acolle un workshop para mellorar a competividade das empresas locais
A sala multiusos do Concello de Viveiro acolle o día 28 de novembro de 9.00 a 14.00 horas, un workshop organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
O workshop Competitividade empresarial: desenvolvemento de novos modelos de negocio busca cumprir un dobre obxectivo: informar sobre as últimas novidades en materia de tecnoloxías, dixitalización ou implantacion de novos modelos de xestión, e contribuir á mellora da competitividade e supervivencia das empresas.
Os asistentes poderán coñecer as ferramentas existentes hoxe en día para esa mellora da competitividade, dende fórmulas de xestión a optimizacion de custes, relanzamento comercial, novas tecnoloxías e industria 4.0, etc...
Os ponentes falarán de casos prácticos en empresas de alimentación, instalacións, desenvolvento de produtos TIC, enxeñería…
Máis información, no díptico adxunto.