Viveiro acollerá a obra de teatro 'Os libros contratacan'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Dec 2019

O Concello de Viveiro acollerá a obra de teatro Os libros contratacan no Teatro Pastor Díaz.

Esta obra, do Programa Proscenio, terá lugar ás 18.00 horas e durará arredor dunha hora.

Trata sobre a loita entre o ben e o mal. Os libros e os que habitan neles debátense entre facer o ben ou pasarse ao lado escuro. Na biblioteca da Academia Jedi, un estudante queda pechado e esquecido pola noite. O que alí faga, rodeado de libros, marcará o seu destino para sempre. Xogos, falcatruadas, cancións e moito conto serán os seus compañeiros de viaxe. O protagonista Anakin, grazas ao seu encerro e coa axuda dos libros e das leccións dos seus mestres Jedis, sempre baseadas en contos e lendas, tratará de atopar unha solución á súa situación.

Esta peza, fala do dereito a ser diferente e da dificultade de facelo, dos límites entre o ben e o mal, de cómo hai cousas que escapan ao noso control e sobre como poden marcar o noso percorrido vital. Que está ben? Que está mal? Onde está a diferenza? O que é malo para nós pode ser bo para outros e viceversa? Como inflúe en nós o xeito no que nos tratan os demais?

0.14422011375427