Viveiro crea unha ordenanza sobre o uso dos viais para a saca de madeira

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro elaborou o texto da ordenanza para regular o uso común especial dos viais municipais para a saca de madeira e mantivo unha reunión cos voceiros dos distintos grupos municipais para explicar o contido da mesma.
3 Sep 2020

O Concello de Viveiro elaborou o texto da ordenanza para regular o uso común especial dos viais municipais para a saca de madeira e mantivo unha reunión cos voceiros dos distintos grupos municipais para explicar o contido da mesma.

Esta ordenanza foi publicada no taboleiro de anuncios o 20 de agosto concedendo un prazo de 20 días hábiles para o seu coñecemento e presentación das suxerencias; este prazo remata o vindeiro 18 de setembro.

Cando finalice o periodo de exposición, esta ordenanza será levada a pleno para a súa aprobación inicial; realizándose posteriormente unha nova exposición ao público e aprobación definitiva.

A finalidade desta ordenanza é velar pola debida conservación dos viais de titularidade municipal, en relación cos danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das operacións de saca de madeira, comprendéndose dentro desta as operacións preparatorias da corta da madeira, almacenamento e transporte, así como o almacenamento e transporte da biomasa ou restos xerados pola corta.

Resulta tamén prioritario o interese en protexer ás persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e para iso é esencial que os viais de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfecto estado.

Conscientes da importancia do sector forestal, pero tamén da incidencia que esta actividade pode ter na conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal, esta ordenanza pretende facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección paisaxística, a conservación dos camiños e a seguridade vial, regulando o uso especial dos viais de titularidade municipal para a saca de madeira.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18478798866272