Viveiro felicita ao músico Gabriel Fernández Díaz polo seu tema 'Química'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente ao músico, produtor e compositor viveirense Gabriel Fernández Díaz polo disco de ouro que acaba de recibir por Química, a canción que compuxo para o artista madrileño Juancho Marqués, que logrou oito millóns de reproduccións en streaming.
11 Xul 2020

“Sentímonos orgullosos deste éxito e para nós é un alegría e unha honra que Gabriel Fernández, formado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, acade este recoñemento polo seu gran traballo, as nosas máis sinceras felicitacións”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

0.07739782333374