Viveiro forma parte dun proxecto pioneiro liderado por Ence

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Viveiro é un dos concellos elixidos a nivel estatal para formar parte dunha iniciativa pioneira liderada por Ence para estudar como mellorar o rendemento do sector forestal.
30 Xan 2020

Viveiro é un dos concellos elixidos a nivel estatal para formar parte dunha iniciativa pioneira liderada por Ence para estudar como mellorar o rendemento do sector forestal.

Está mañá, os impulsores do proxecto mantiveron unha reunión coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, na que lle explicaron que o obxectivo da iniciativa é o estudo de novas posibilidades e retos do sector forestal, mediante a súa convivencia con outras actividades e productos de diversidade, como a agricultura ecolóxica, gando para carne, apicultura, ou temas mediombientais.

A iniciativa, ‘Alianza para a conservación do monte mediante a xeración dun mercado responsable’, ten como principal promotor a Ence e tamén participan Fundación Global Nature, Copace, FSC (grupo de certificación forestal), Consultora Acentúa, USO e Promavi, co obxectivo de estudar as potencialidades do sector forestal de cara ao futuro.

“É un proxecto novidoso a nivel estatal que escolleu a Viveiro para este proxecto piloto, analizando novas actividades que poidan convivir co sector forestal para aumentar a rendibilidade do monte”, afirma a alcaldesa de Viveiro.

0.17910099029541