Viveiro informa dunhas axudas para o aluguer

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro advírtelles aos veciños e a quen veña vivir á cidade de que a Xunta vén de publicar unha convoctoria de axudas ao alugamento de vivenda, enmarcadas no Plan Estatal de Vivenda PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021 .
14 Sep 2019

O Concello de Viveiro advírtelles aos veciños e a quen veña vivir á cidade de que a Xunta vén de publicar unha convoctoria de axudas ao alugamento de vivenda, enmarcadas no Plan Estatal de Vivenda PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021 .

O Diario Oficial de Galicia publicou o día 11 de setembro de 2019 a orde pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do devandito plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual.

A finalidade destas subvencións é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

As axudas oscilaran entre o 40% e o 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como ter uns ingresos inferiores ao 2 IPREM e non inferiores ao 0,7 IPREM (nos casos de familias numerosas e unidades familiares con persoas con certas discapacidades, os ingresos poden chegar a 4 ou 5 veces o IPREM); non ter vivienda en propiedade, non ter débedas coas administracións.

O prazo de solicitude remata o día 11 de outubro de 2019. Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18699407577515