Viveiro manifesta o seu malestar polo deficiente servizo móbil nas parroquias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro manifesta o seu malestar polos prexuízos que o deficiente servizo da operadora Movistar está provocando na telefonía mobil da veciñanza de varias parroquias.
5 Feb 2020

O Concello de Viveiro manifesta o seu malestar polos prexuízos que o deficiente servizo da operadora Movistar está provocando na telefonía mobil da veciñanza de varias parroquias.

En concreto, recibiu numerosas queixas de residentes en parroquias como Chavín, Landrove, Galdo e Vieiro. O Concello de Viveiro considera “indignante que a compañía non teña unha oficina física na que os usuarios poidan presentar as súas reclamacións”.

De feito, o propio Concello de Viveiro quixo comunicar á compañía as queixas transmitidas polos veciños e tampouco puido por ese motivo, por carecer dunha oficina física na que presentar a reclamación.

O concello ten constancia da presentación dunha queixa ao respecto ante o Instituto Galego de Consumo, na que se fai constar que, “segundo fontes non oficias da compañía”, o problema deriva dunha caída de “tráfico” na antena situada no Monte Castelo. 

Dende o Concello amósase un apoio total aos veciños afectados e comprende a súa preocupación pola situación, agardando que se arranxe pronto.

0.13111996650696