Viveiro manterá unha reunión por videoconferencia cos representantes do comercio local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcadesa de Viveiro, María Loureiro, xunto aos concelleiros de Facenda e Comercio, e os voceiros dos grupos políticos con representación municipal, manterán este venres unha reunión por ideoconferencia cos presidentes das dúas asociacións de comerciantes do municipio (Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e Asociación Beiras de Viveiro) e co presidente da Federación de Comercio de A Mariña.
16 Abr 2020

Esta reunión convócase coa intención de escoitar as propostas e peticións das asociacións de comerciantes en relación coa crise económica provocada polo COVID-19. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presentou no rexistro municipal, en data 20 de marzo, un escrito no que se solicitaba que se estudara a viabilidade de levar a cabo unha serie de medidas económicas co fin de paliar a situación provocada polo cese da actividade.

Tendo en conta que este escrito foi presentado seis días despois da declaración do Estado de Alarma, por parte do concello considerouse inicialmente que o máis axeitado era esperar para coñecer como evolucionaba a situación. 

Neste momento, tendo en conta que esta situación se está a prolongar e que non é posible saber ata cando se vai manter o confinamento nin o cese da actividade, considerouse necesario celebrar a reunión para escoitar as necesidades e propostas das asociacións de comerciantes.

O concello transmitiralles aos representantes das asociacións que se están a realizar diversos estudos para valorar como se podería axudar a este sector e que medidas se poderían adoptar, dentro das súas posibilidades e das propias competencias. 

Ademais das posibles medidas destinadas ao comercio, o concello está a tramitar as axudas de emerxencia social para todas aquelas familias de Viveiro que tamén están a sufrir as consecuencias desta crise, que quedaron no paro ou que están nun ERTE e aínda non cobraron.

0.20017313957214