Viveiro prepara un curso para coidadores de persoas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 Nov 2019

Viveiro será sede dunha nova edición da formación Xuntos nos Coidados, dirixida a coidadores de persoas con demencias neurodexenerativas coma o alzheimer. Esta formación será impartida por Afalu os días 27 e 28 de novembro na Sala multiusos do Concello de Viveiro, en horario de 16.00 a 19.00.

É unha formación organizada e avalada por Fagal Comunicación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Viveiro

Para facer a inscripción chamar ó teléfono616 606 986 ou no correo electrónico afan.burela@gmil.com.

0.084881067276001