Viveiro recomenda non bañarse en Celeiro ata ver o resultado das analíticas da auga

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 Ago 2019

O Concello de Viveiro advirte de que se está a realizar un seguimento da calidade da auga da praia de Celeiro; tendo en conta que realizadas pola Consellería de Sanidade analíticas da auga, os resultados das mesmas son variables, xa que dan nalgúns casos o resultado de non apto e realizadas as contra analíticas resultan como apto. A alcaldía recomenda mentres tanto non bañarse.

Logo da última analítica realizada no día de onte que deu o resultado de apta, procederase por Sanidade á realización dunha nova analítica o vindeiro domingo; así mesmo dende o departamento de Medio Ambiente do Concello encargouse a realización dunha analítica complementaria. Dende Concello informarase a todos os usuarios da praia mediante un Bando, e así mesmo poñerase a disposición de todos os interesados, no taboleiro da praia de Celeiro, unha táboa cos resultados das analíticas que se van realizando, as cales tamén se poden consultar na páxina web:

sergas.es/saudepublica/documents/3734/20190809_controiszb2019_lugo 

Por todo isto, o Concello recomenda non bañarse pola variable das analíticas.

0.17462921142578