Viveiro restrinxe o tráfico ao paso da Volta Ciclista a Galicia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 sep 2019

O xefe da Policía Local de Viveiro informou respecto das restriciós de tráfico que sufrirán algunhas vías do municipio como consecuencia do paso da Volta Ciclista a Galicia 2019.

Respecto do estacionamento, para manter libres as zonas de párking para o bo funcionamento da carreira prohibiráse aparcar nas rúas nos seguintes horarios.

Na rúa Antonio Bas: prohíbese aparcar nela desde as 16 horas do sábado 21 e ata a finalización da carreira o domingo 22 de setembro sobre as 14.00 horas.

Na Travesía da Marina: prohíbise estacionar vehículos desde as 13.30 horas do sábado 21 ata o domingo 22, sobre as 10.30 horas. Non se permitirá estacionamiento en ningunha zona, nin
zona ORA, nin zona de carga e descarga, nin en zona Motos, ni nas prazas de mobilidade reducida.

En canto ás restricións de circulación de vehículos, en horas previas tanto á saída de carreira, como ao paso da mesma, veránse afectadas ás seguintes rúas. Na saída, farase dende a Travesía da Marina, afectando a restricción de circulación (incluso para saída e
entrada de garaxes) desde as 8.30 horas ata as 10.30 horas do 22. A saída discurrirá pola estrada LU862, en dirección Ribadeo, véndose restrinxida a circulación ao paso pola vía.

No tocante ao paso de carreira e a meta, o regreso de carreira discurrirá pola estrada de Chavín (LU161), a partir das
12.00 horas, en dirección Viveiro, pola LU540, Variante de Viveiro (LU539), Puente de A Misericordia, Avenida De Galicia, Avenida de Cervantes, rúa Antonio Bas e xa para finalizar en San Roque. Ditas vías veránse afectadas por restriccións á circulación en minutos previos ao paso de carreira, cuxa finalización será sobre as 14.00
aproximadamente.

Trátase da etapa 4 da décimo oitava Volta a Galicia, con hora de saída ás 10, da Travesía da Mariña e chegada ás 13.06, ao Alto e San Roque. Son 130,5 kilómetros, cun desnivel acumulado de 2.773 metros.

0.15590310096741