Viveiro saca a concurso o servizo de axuda no fogar durante dous anos
O Concello de Viveiro proporá no Pleno extraordinario que terá lugar o luns, 15 de xuño, a aprobación do expediente de contratación para a prestación do servizo de axuda no fogar nas modalidades de libre concorrencia e dependencia, así como a aprobación do gasto correspondente ao referido contrato e a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares, prescripcións técnicas e memoria xustificativa, entre outras cuestións necesarias para a súa prestación.
O Servizo de Axuda no Fogar ten por obxeto prestar un conxunto de atencións, no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizada, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal.
A súa finalidade esencial consiste na prestación de apoio persoal, doméstico, psicosocial, educativo e técnico, orientado a facilitar ás persoas beneficiarias a autonomía necesaria para manterse no seu medio habitual.
Poderán ser usuarios e usuarias deste servizo todas aquelas persoas residentes no Concello de Viveiro que cumpran cos requisitos xerais para ser beneficiario do mesmo, conforme ao establecido na Ordenanza Municipal reguladora do servizo de axuda no fogar, e para o caso de que este recurso sexa o máis adecuado despois da prescripción técnica favorable dos servizos e as persoas valoradas como dependentes, que accedan ao servizo de axuda no fogar a través do sistema de atención á dependencia.
Trátase dun contrato de servizos, no que o concello mantén o control e a xestión do servizo nos termos establecidos no prego de prescripcións técnicas, sendo necesaria a contratación da execución do servizo obxecto deste ao carecer de medios propios necesarios para a súa prestación.
O contrato do servizo de axuda no fogar sácase a licitación por procedemento aberto estando suxeito a regularización armonizada polo seu importe. Este servizo englobará tanto a libre concorrencia como dependencia, licitándose ambas modalidades nun único lote co fin de favorecer a coordinación por parte do concello da prestación deste servizo e tendo en conta, asemade, que se trata dun servizo social que se caracteriza por ser unha prestación de carácter técnico profesional no que a integridade das atencións prestadas resulta imprescindible para proporcionar unha resposta funcional e efectiva ás persoas usuarias; ademais, a máxima reducción do número de profesionais intervintes constitúe un elemento clave para garantir o establecemento de relacións acordes á consideración do que debe ser unha correcta intervención social de caso.
A pesar da xestión indirecta deste servicio, o Concello de Viveiro, a través dos seus servizos sociais municipais, seguirá exercendo un amplo control sobre o SAF; xa que como prestación básica do Sistema de Servizos Sociais que é, o acceso ao servizo, a coordinación desta atención con outras intervencións sociais que se poidan estar desenvolvendo nun caso, o seguimento e evaluación da evolución das circunstancias socio familiares, así como supervisión xeral da prestación del SAF, será asumida plenamente polo persoal municipal designado ao efecto.
Nos pliegos establécese que o prazo de duración inicial do contrato será de 2 anos, coa posibilidde de prórroga de 1 ano máis, sendo o presuposto máximo do contrato, para o prazo inicial de dous anos, de 2.694.917,05 euros (IVA excluído).
Entre a documentación obrante no expediente constan os informes preceptivos e memoria económica do prezo do contrato que, tras a análise entre a prestación do servizo con medios propios e externos, conclúe a favor da contratación externa do servizo.
No prego de prescripcións técnicas que vai rexir este contrato regúlanse os requisitos e características de prestación do servizo, atendendo ao cumprimento das esixencias normativas, como por exemplo no referido á ratio de persoal por usuarios ou á aplicación do convenio colectivo do sector.
Nos pregos vai contemplado o incremento de usuarios e mais o incremento de horas de prestación; ademais, tamén se recollen posibles melloras na prestación do servizo.
Por todo isto e tendo en conta a documentación obrante no expediente, proponse ao Pleno que se aproben os acordos incluídos neste punto para a prestación dun servizo, o do SAF, no que se establecen os seguintes obxectivos. Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias; posibilitar a permanencia da persoas no seu contorno de convivencia habitual; favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio; manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situación de dependencia e exclusión social e retardar ou evitar a institucionalización.