Viveiro volve acoller unha proba da II Copa de España de ciclismo adaptado
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Jan 2020
O 6 de xuño Viveiro convertirase de novo na capital do ciclismo adaptado, acollendo unha das sete probas da Copa de España desta modalidade.
O circuíto nacional constará de 7 citas puntuables, arrincando o 7 de marzo en Badajoz e finalizando o 11 de outubro en Totana.
A competición non estará vertebrada por un circuíto, senón por un percorrido en liña de 30 quilómetros, que ademais contará cunha notable esixencia.