Volve a camiseta a raias do Club Deportivo Lugo no seu primeiro equipamento

LugoXa
Así, desde a entidade sosteñen que a camiseta volve á esencia e ás raíces da afección albivermella
primeira-camiseta-do-Club-Deportivo-Lugo-2024-2025
9 Ago 2024

O Club Deportivo Lugo presenta a seu novo primeiro equipamento para a tempada 2024-25 baixo o lema #ADeSempre, co que o club recupera o seu clásico deseño a raias, aceno de identidade do club ao longo dos anos, poñendo o foco naquela tempada 86-87 na que entidade e marca cruzaron os seus camiños case 40 anos atrás.

Así, desde a entidade sosteñen que a camiseta volve á esencia e ás raíces da afección albivermella, "exemplificando o espírito e tenacidade dunha afección loitadora, e que representa con orgullo as cores dun club e dunha cidade que nunca deixa de sachar".

Ademais, presentan a nova camiseta que loce sobre un señor de idade avanzada cun sacho e nunha horta, representando así os valores tradicionais do rural galego, e co sacho tan característico, que forma parte do lema 'Isto é Lugo e aquí hai que sachar'.

0.1709680557251