Volve a Mostra Folclórica da Fonsagrada
Esta fin de semana volve a Fonsagrada a XXIII Mostra Folclórica, tras dous anos de parón provocado pola pandemia, onde se poderá desfrutar de música e baile tradicional. O sábado 13 da comezo ás 12.00 un pasarrúas e actuación do grupo de nenos e nenas da Fonsagrada na praza da igrexa e á 13.00 será a homenaxe a Ernesto Lagarón Vidal na Casa do Concello.
Xa pola tarde continúa a programación con outro pasarrúas ata a praza do Concello ás 17.00 e ás 17.30 terá lugar a benvida ós grupos participantes con entrega de agasallos. Os grupos participantes nesta mostra serán o grupo folclórico Virgen de los Ángeles, a agupación folclórica La Sidrina, o grupo de música tradicional da escola de música Beatriz Osorio e a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros.
Para finalizar o día haberá unha festa coa charanga Santa Compaña.
O domingo as 12.00 actuará o cuarteto de gaitas Illa Pancha.