Volve o posto de información turística da praza Maior

LugoXa
A área de Turismo retoma a colocación do posto de información turística na praza Maior e estará ata finais do San Froilán
Arroxo maite punto informativo
Arroxo maite punto informativo
2 Xuño 2023

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e Rubén Arroxo, tenente alcalde, visitaron o posto de atención turística da praza Maior, que comezou a funcionar hoxe. Maite Ferreiro destacou a importancia deste punto, "que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade".

Durante o ano pasado, o punto de información turística atendeu en total a 42.818 persoas. Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacaron os procedentes do resto de Galicia, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.

A atención no posto manterase ata finais do San Froilán.

0.19487500190735