Volve o teatro a Palas de Rei

LugoXa
A Casa da Cultura acollerá o domingo 7 de marzo a representación da obra ‘A Merliña’, do grupo local Metátese Teatro.
miniatura teatro a merliña palas de rei
1 Mar 2021

Palas de Rei acollerá o vindeiro domingo, día 7 de marzo, a posta en escea da obra 'A Merliña' de Metátese Teatro.

Haberá dous pases desta representación, unha ás 17.00 horas e outra ás 19.00 horas, na Casa da Cultura da localidade. A entrada será gratuíta e o aforo do recinto estará limitado, para garantir as medidas de seguridade contra a covid.

As persoas interesadas en asistir á representación teatral poden reservar as súas localidades chamando ao teléfono 647 56 51 82.

O grupo Metátese Teatro é de Palas de Rei, e ten unha longa traxectoria con actuacións non só en Galicia, senón tamén en países como Rusia, Italia, Francia ou Xapón. Nas súas representacións, pensadas para todos os públicos, apostan por un teatro social, contemporáneo e onde non falta a reivindicación.

teatro a merliña palas de rei
0.05129599571228