Volven as actividades de animación á lectura e contacontos no MIHL
Xa están dispoñibles as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos que terán lugar no Museo MIHL. Para acudir será preciso retirar unha entrada gratuita no paxina entradaslugo.es As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.
O ciclo conta cun total de sete actividades que se realizarán entre o 29 de setembro e o 1 de decembro. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade diferente.
Programación animación á lectura
Xoves, 29 de setembro ás 18.00 na Sala de grupos do MIHL estará Inacio Vilariño-Fantoches Baj con libri O tranvía Leonardo para idades a partir de 3 anos e con unha duración de 50 minutos. O xefe do tranvía de Marín a Pontevedra contanos a historia do tranvía Leonardo acompañada dalgunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes e dos seus pasaxeiros máis famosos.
Xoves, 13 de outubro ás 18.00 na Sala de grupos do MIHL con Pablo Díaz e o espectáculo Contacontos para bebés. Pensado para idades de 1 a 3 anos e con unha duración de 40 minutos neste espectáculo musical Pablo Díaz realiza unha viaxe a través de contos adaptados para as crianzas coa súa música como fío condutor.
Luns, 24 de outubro ás 18.30 horas na Biblioteca estará Naúfragos Teatro con un obradoiro só para nenas e nenos chamado A biblioteca ideal. Recomendado para nenos a partir de 4 anos e con unha duración de 90 minutos consistirá en crear un libro no que imaxines como sería a túa biblioteca ideal.
Xoves, 27 de outubro ás 18.00 na Sala de grupos do MIHL estará Teatro Ghazafelhos con A caixa sen Pandora unha historia protagonizada por Montse Piñón e Papablo Patinho que fai un divertido repaso de mulleres que decidiron romper ca norma e abrir a súa propia caixa, iniciando un movemento imparable pola igualdade. Recomendada para maiores de 5 anos ten unha duración de 50 minutos.
Xoves, 10 de novembro ás 18.00 na Sala de grupos do MIHL Trécola Produccións presentar Xogo revolto unha obra de monicreques que reforza unha adecuada educación emocional libre de estereotipos e de violencia de xénero, ensinando que amosar sentimentos e emocións non nos fai parecer débiles. Recomendada a partir de 3 anos ten unha duración de 45 minutos.
Xoves, 24 de novembro ás 18.00 horas na Sala de grupos do MIHL Tarabelos presentará Contos nunha roda. Manuela e Manuel un espectáculo onde Manuel é un macho alfa e Manuela unha rapaza sensible e boa... pero, cando xogan xuntos e ninguén os ve, non son así! Recomendada para nenos a partir de 4 anos e con unha duración de 50 minutos.
Para finalizar esta programación o xoves, 1 de decembro ás 18.00 na Sala de grupos do MIHL Duende Disco estará coa obra Elba e Marcos e os xoguetes encantados onde Elba e Marcos non comparten os seus xoguestes e iso non está ben. Os xoguetes cobran vida para darlles unha lección: xogos, bromas, cancións e moitas risas. Para nenos a partir de 3 anos e con unha duración de 60 minutos.