Volven ás aulas os alumnos sénior da UNED de Lugo

LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os alumnos Sénior de Lugo, Sarria e Viveiro da UNED volven xa ás aulas de novo. Reincorpóranse preto dun centenar.
uned senior lugo
uned senior lugo
25 oct 2021

Os alumnos Sénior da UNED de Lugo volven xa ás aulas de novo. Neste curso reincorpóranse preto dun centenar de alumnos de máis de 55 anos pertencentes a Lugo, Sarria e Viveiro.

En Sarria, retomarán por completo a actividade, ao non participar de forma online no curso pasado, farano presencial en dúas materias: Iniciación á lingua Inglesa I, impartida por María Consuelo Santiago González, e Introdución á literatura galega, que será titorizada por María Beatriz Arias López. Acudirán a clase os martes e mércores.

No caso de Lugo, os seus alumnos séniores retomarán presencial os martes e xoves a introdución á informática da man da súa titora Rocío Cuiña Cotarelo e iniciaranse na lingua inglesa, que lles explicará María Soledad Fernández López.

Mentres, en Viveiro estréase nova materia, os seus alumnos terán a oportunidade de achegarse á Econoloxía, que lles descubrirá Lucas Requejo Fernández.

Despois dun pasado curso académico a medio gas, como consecuencia das medidas implantadas por Sanidade e Educación para frear os gromos de covid-19, a volta ás aulas na UNED é tamén unha realidade para os seus alumnos séniores.