Volven as protestas polo estado do aparcadoiro do HULA

LugoXa
O aparcadoiro gratuíto do HULA, coñecido como Leirapárking, volve estar nunha importante situación de deterioro despois de sido arranxado o ano pasado.
estado leiraparking hula6
estado leiraparking hula6
21 nov 2023

O aparcadoiro gratuíto do HULA, coñecido como Leirapárking, volve estar nunha importante situación de deterioro despois de sido arranxado o ano pasado.

O aparcadoiro ten unha extensión de 5.020 metros, un total de 360 prazas de estacionamento entre a parte frontal e a traseira. Unha análise establece que acolle, cada día, 2.520 horas de estacionamento gratuíto, un total de 604.800 horas nos 240 días hábiles do ano.

De novo, o chan está cheo de fochancas causadas polo uso continuado dos vehículos combinado coas chuvias intensas das últimas semanas.

Ademais as queixas cidadáns céntrase no estado dos bordos e separacións onde crece sen control a maleza e tamén está chega de suciedade con botellas de plástico, máscara e todo tipo de lixo.

A finais do ano pasado a Federación de Asociacións veciñais Lucus Augusti solicitou tamén o seu arranxo pola mesma razón xa que o mal estado do mesmo provoca danos nos vehículos que o utilizan. O tipo de chan que ten e o desgaste do uso combinando coas choivas provocan o seu continuo deterioro polo que se require unha actuación continuada no mesmo.