Volverán pechar os parques esta tarde polo vento
O Concello de Lugo informa de que, novamente, nesta xornada a área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, que dirixe Miguel Fernández, procederá a pechar os parques da cidade ante a permanencia dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO que se mantén, por ventos que poden deixar refachos de até 70 km/hora e que afectarán, entre outras zonas da provincia, ao Centro de Lugo.
Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.