WordPress Lugo organiza un encontro sobre intelixencia artificial e WordPress o 26 de novembro

O colectivo WordPress Lugo organizará o próximo 26 de novembro unha nova edición do seu Meetup mensual, desta volta centrada na relación entre WordPress e a intelixencia artificial. O encontro levará por título "Tu WordPress, tu IA, tus reglas" e contará coa participación de Carlos Longarela como relator.
A actividade, de acceso gratuíto, abordará as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial aplicada ao traballo con WordPress, nun contexto no que estas ferramentas están a transformar cada vez máis os procesos de creación e xestión de contidos dixitais.
A cita será ás 19:00 horas no auditorio de O Vello Cárcere de Lugo. Ao remate da charla, os asistentes poderán compartir un encontro informal con petiscos e cervexas.