WordPress Lugo organiza unha sesión práctica para experimentar con WordPress sen instalacións

LugoXa
A actividade, impartida por Anxo Sánchez, celebrarase o xoves 29 de outubro no Vello Cárcere e ensinará a probar complementos e utilizar Blueprints con WordPress Playground
edificio-O-Vello-Cárcere-Lugo-portada
28 Oct 2026

A comunidade de WordPress Lugo celebrará o xoves 29 de outubro unha nova meetup baixo o título 'WordPress Playground: proba, racha con todo e volve comezar', unha sesión práctica para aprender a experimentar con esta ferramenta sen necesidade de instalar programas no ordenador nin configurar servidores.

A charla estará impartida por Anxo Sánchez, que explicará como utilizar WordPress Playground para crear e probar instalacións de WordPress directamente desde o navegador, con acceso a internet e sen medo a cometer erros. A proposta permitirá aos asistentes familiarizarse co funcionamento da plataforma, probar diferentes plugins e descubrir como empregar Blueprints para configurar e reproducir contornos de WordPress.

O encontro desenvolverase no horario habitual, de 19:00 a 20:00 horas, no Vello Cárcere de Lugo. A actividade está pensada para achegar esta ferramenta ás persoas interesadas en coñecer mellor WordPress e explorar as súas posibilidades dun xeito sinxelo e accesible.

0.14434409141541