Xa está aberta a inscrición para o magosto de Narla, en Friol

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa presenza antes do 1 de novembro
magosto-castañas-recurso
30 Oct 2026

A localidade de Narla, no concello de Friol, celebrará o seu tradicional magosto o vindeiro sábado, 7 de novembro, cunha cea popular e actuacións musicais para animar a noite.

A festa dará comezo ás 21.30 horas e contará cun menú composto por empanada, chourizo, liscos, churrasco, queixo con marmelo, castañas, bebida e café. O prezo será de 20 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos de entre 12 e 15 anos, mentres que os menores de 12 anos poderán asistir de balde.

A música será unha das protagonistas da celebración, coa actuación de Nerea Cobas, que se encargará de amenizar a velada xunto a DJ Segade.

As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa presenza antes do 1 de novembro, chamando a algún dos seguintes teléfonos: J. Manuel Narla (666 591 020), Modesto (626 482 036), Borja (600 614 044), J. Manuel Xeixón (676 154 935), Laura (617 918 636), Sergio (660 255 242), Suso (669 743 518) ou Belén (639 510 142).

0.16324996948242