Xa está todo preparado para a celebración das XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
As XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas por Seragro coa colaboración da Deputación de Lugo, terán lugar os días 14 e 15 de novembro na Facultade de Veterinaria.
O lema desta edición é ‘Sempre cara adiante’ e serán xornadas que reúnen a expertos e gandeiros, serven como plataforma para presentar os últimos avances na investigación aplicada, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos profesionais, o benestar animal e a rendibilidade das explotacións.
O programa das XXI Xornadas Técnicas de Seragro contará cun extenso e variado calendario de actividades e relatorios coa presenza de prestixiosos expertos do sector, tanto a nivel galego como internacional.
Entre os participantes destaca Francisco Peñagaricano, docente asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin- Madison.
Xoves, 14 de novembro
- 10.30 horas: Inauguración 11:00 horas: Aplicacións prácticas dos coñecementos da epixenética en granxas de vacún leiteiro- Juan Francisco Sánchez Madueño, licenciado en Veterinaria Veterinario e cofundador de SamaVet
- 11.30 horas: Probas xenómicas en vacún leiteiro: avances, desafíos e perspectivas- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin-Madison 12:30 horas: Evolución dos datos técnicos tras a implantación do xenotipado, experiencias en granxa- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas, Universidade de Wisconsin-Madison
- 13.30 horas: Coloquio
- 14.00 horas: Xantar
- 16.00 horas: Con que sistema muxo as miñas vacas- Javier Liste, licenciado en Veterinaria. Máster en Asesoría e Xestión de Explotacións de Vacún de Leite 16:35 horas: Muxido traseiro- Manuel Sandá, gandaría SAR SL de Touro, A Coruña
- 16.55 horas: Sala rotativa- Rubén Gómez, granxa A Esperanza San Sadurniño, A Coruña 17:15 h Batchmilking- Cristóbal Touriñán, ganadaría Pastora SC, de Muxía
- 17.35 horas. Debate
- 18.00 horas. Encontro gandeiro baixo o título: Liberdade e eficiencia para as túas vacas? con Lely o muxido é unha experiencia doutro nivel
Venres, 15 de novembro
- 10.00 horas: Gandeir@ por un día-Quiara Pardiña, gandaría O Palomar Láncara
- 10.30 horas: Ferramentas para a toma de decisións en explotacións leiteiras- Álex Bach, licenciado en Veterinaria, pola Universidade Autónoma de Barcelona Máster e Doutoramento en Produción Animal pola Universidade de Minnesota 11:00 horas: A tecnoloxía que nos transforma: monitorización da saúde da recría- Carolina Tejero, asesora en recría e técnica veterinaria MSD
- 11.45 horas: Pausa do café
- 12.15 horas: De gandeiro a experto en datos: maximizando o potencial dos robots na xestión da granxa- David García Torres, licenciado en Veterinaria pola Universidade Autónoma de Barcelona e Asesor de explotacións leiteiras
- 12.45 horas: Saúde do ubre: das células á condutividade- Noelia Mourazos García, licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Calidade do Leite en Seragro SCG
- 13.20 horas Coloquio
- 16.00 horas: Mellorando a calidade do ensilado para acadar alta eficiencia da produción leiteira. Importancia da planificación e da xestión agronómica-Lluis Xanxo-Doria, enxañaría agrónomo Asesor agronómico-nutricional
- 16.30 horas: Experiencia no primeiro ano: implantación e obxectivos Agrociocende SC-José Manuel Sánchez, agrociocende SC Boimorto, A Coruña
- 16.50 horas: Manexo e resultados tras dez anos de cultivo-Laura Seoane, Ugasma SL, Boimorto, A Coruña
- 17.40 horas: El éxito del Ganadero con G de Gefe- Sebastián Martín, doutor en Veterinaria Asesor e consultor independente en BOVIverso
- 18.15 horas: Acto de clausura con brinde do leite