Xa hai gañadora dos Días Azuis do comercio focego
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Noelia Santiso resultou agraciada cun vale de 150 euros dos Días Azuis para consumir no comercio local focense.
31 Out 2020
Noelia Santiso resultou agraciada cun vale de 150 euros dos Días Azuis para consumir no comercio local focense. O premio foille entregado por Olaya Pedrosa, secretaria de AciaFozCCA, en Vas’s, que foi onde realizou a compra cuxo tícket resultou afortunado. A encargada da tenda Laura Maseda estivo presente no acto.
A campaña Días Azuis do Comerco Galego, desenvolveuse do 14 ao 30 de setembro en toda a comunidade. E había 16.200 en premios repartidos en tarxetas regalo de 150 e 300 euros para seguir mercando no comercio local.
A campaña Días Azuis do Comercio Galego foi organizada pola Federación Galega de Comercio, que contou cos apoios das Acias locais.