Xa hai gañadores do certame I Logo da anpa do CEIP San Xoán
Ante o aumento de nenos no CEIP San Xoán de Becerreá e cunha nova anpa ilusionada e con ganas de ofertar actividades e oportunidades aos cativos, convocouse a I edición do concurso do Logo do anpa.
Este ano non só aumentaron as matrículas senón a implicación das familiias que cada vez ven máis importante a acción das asociacións para manter as oportunidades en contornas rurais como o noso.
Esta semana procedeuse á entrega de premios a todos os nenos que participaron na I edición do concurso do Logo da devandita anpa. Coa colaboración de comercios da zona e a través das súas achegas premiouse a todos os nenos participantes, un total de 15, con xoguetes adaptados ás súas idades e un sorteo especial. Para premiar a participación dos alumnos do centro o anpa sorteou unha tablet e o deseño máis votado polo xurado recibiu ademais dos seus xoguetes un pen drive. Tamén houbo 3 accésits por idades e diplomas para os nenos.
Os premios á parte da tablet e do pendrive por idade foron diversos xoguetes como dianas, kits de arqueoloxía ou sets de pintura.
A entrega dos agasallos aos alumnos foi adaptada ás circunstancias da covid-19, espazada, por quendas e idades, mantendo distancias con máscara e uso frecuente de xel. Pero máis ilusionados se cabe polos agasallos e os diplomas entregados.