Xa hai gañadores do concurso 'Florea o teu balcón'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de dar conta dos gañadores do IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome Florea o teu balcón.
85098377_1427279807451562_3561865865185984512_o
16 Nov 2019

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de dar conta dos gañadores do IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome Florea o teu balcón. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.

O concurso prolongouse todo o verán, ata finais de agosto, período durante o cal o xurado realizou visitas periódicas para valorar o estado de conservación e mantemento dos balcóns inscritos no concurso; a orixinalidade na ornamentación; a variedade, calidade e cantidade florística; o adecentamento da fachada e o resultado global; a colocación de elementos accesorios, tales como xardineiras, colgantes…; o enxeño ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no certame.

Os gañadores na categoría urbano foron Alicia Tella, seguida de José María Sánchez, Cristina Carracedo e Ángeles Sánchez. En rural gañaron Pilar Pedreira Piñeiroa e Estrella Terrón.

0.093755006790161