Xa hai gañadores do sorteo de mil euros do comercio mariñán celebrado en Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A campaña da FCAM 1.
Captura de pantalla 2020 02 06 a las 11.45.16
5 Nov 2019

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou en Ribadeo mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa

Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 158.268, que foi repartido en Boutique Del Río; e con 100 euros cada un foron premiados o 163.395, que foi entregado en Anais, o 175.974 en Texturas Galegas, o 173.901 en Farmacia Álvarez Lebredo, o 166.328 que foi entregado en La Bugalla e o 162.006 en Calzados La Moda Hombre. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para consumir os seus premios”. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en Covas do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.

A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 

0.16644692420959