Xa se coñecen as gañadoras do I certame de poesía de Castroverde

LugoXa
Xa se coñecen as tres gañadoras do primeiro certame de poesía 2021 organizado polo Concello de Castroverde.
certame poesia castroverde
7 Xuño 2021

Xa se coñecen as gañadoras do I certame de poesía 2021 organizado polo Concello de Castroverde. O certame contaba cun premio de 100 euros para cada unha das tres categorías: infantil, xuvenil e adulta, sen embargo, na categoría xuvenil non se presentou ningunha obra polo que se premiaron dous poemas na categoría adulta.

O xurado do concurso estaba composto por María Luísa Queizán, María Remedios García e Manuel Muñiz, profesores de lingua e literatura no CPI de Castroverde -excepto Muñiz, que está actualmente xubilado-.

Así pois, os premios foron para o poema A miña felicidade de Nerea Yebra, para Eva González con Fuximos libres e para Rocío Polín con A miña vida.

0.20579814910889