XOGAL leva unha escape room ao aire libre a Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz, considerado un dos concellos máis afastados de Galicia, acollerá o sábado 27 de xuño ás 17:00 horas a actividade “O tesouro maldito de Truchino”, unha escape room gratuíta ao aire libre enmarcada no proxecto XOGAL.
A cita desenvolverase na Capela da Virxe da Veiga, onde os equipos participantes resolverán enigmas e pistas nun percorrido que mestura lendas locais e historia do territorio.
O proxecto XOGAL, impulsado por varios GDR e a empresa Escapeo, continúa así a súa proposta de dinamización do rural galego mediante xogos ao aire libre.
Os mellores equipos poderán optar a premios en forma de experiencias turísticas e de lecer, e todas as persoas inscritas participarán nos sorteos organizados pola iniciativa.