Xornada sobre percusión tradicional mañá en Lugo

LugoXa
La Asociación de Gaiteiros Galegos a través de la Tradescola, organiza en Lugo una jornada sobre percusión tradicional.
xornada percusion tradicional lugo
27 Nov 2021

A AGG, a través da Tradescola, organiza mañá, domingo 28 de novembro, en colaboración coa área de cultura do Concello de Lugo, unhas Xornadas adicada á percusión tradicional, con obradoiros de pandeira, e toque de lata de pementón, a ao que asistirán persoas chegadas de distintos lugares de Galicia.

Ás 16.00 horas, Branca Villares impartirá un obradoiro de pandeira, no que amosará a todos os asistentes, distintas técnicas e posibilidades deste instrumento tan característico da comarca da montaña, así como repertorio característico desta zona.

As 18.00 horas, Roberto Rodríguez impartirá un obradoiro de iniciacion ao toque coa lata de pementón no que fará un achegamento inicial ao emprego da lata de pementón no repertorio de cantares para o baile solto e agarrado en Galicia.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo.

cartel_obradoirosPercusion_peq

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18439102172852